ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco concede becas de libros por valor de 6.000 euros a 75 solicitantes

 

A comisión informativa de Servizos Sociais do Concello do Barco vén de aprobar esta máñá as bolsas para a compra de libros e material escolar para o alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil para o curso 2022-2023.

En total, o Concello destinará case que 6.000 euros a estas bolsas, o que supón un incremento do 50% con respecto ao curso anterior.

Optaron a estas as bolsas “89 solicitudes, das cales finalmente se aprobaron 75, xa que o resto superaban a renda máxima marcada nas bases para poder recibir estas axudas. Das solicitudes aprobadas, 44 recibirán 86,53 euros, 13 un total de 76,53 euros, e outras 18 percibirán 66,53 euros. As cantidades están establecidas en función dos ingresos das familias demandantes”, tal e como se informa dende o Concello do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button