En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Barco concéntrase en defensa dos dereitos da muller

Este acto, celebrado ao mediodía do 8M na praza do Concello, tiña como protagonistas ás alumnas de tres centros de ensino da vila

A praza do Concello do Barco acollía no mediodía deste 8 de marzo unha concentración con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. Este acto estaba protagonizado por varias alumnas barquenses (dos IES Martaguisela, Lauro Olmo e do colexio Divina Pastora) que interviñan para reivindicar os dereitos das mulleres en diversos ámbitos e facetas, das actuais e tamén os das vindeiras xeracións.

Os actos do 8-M continuarán a partires das sete e media da tarde cunha ofrenda floral na praza Clara Campoamor e cunha nova concentración na praza do Concello.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button