A praza do Concello do Barco convertíase en escenario ás 12h. deste 27 de xaneiro dunha concentración en repulsa polo asasinato da veciña da Pastoriza (Lugo), Manuela Iglesias.
O alcalde barquense, Alfredo García, lembraba que este tipo de actos se veñen celebrando na vila cada vez que se produce unha morte por violencia de xénero para rexeitar publicamente estes sucesos.
Despois gardábanse cinco minutos de silencio que finalizaban cun aplauso.
Fotos: A.R.