ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco despide a María Hortensia Siso, viúva do doutor Andrés García Buela

María Hortensia Siso./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Natural do Barco, onde pasou toda a súa vida, María Hortensia Siso Álvarez, coñecida de forma cariñosa como Maruchi, era unha persoa sempre sorrinte, de mirada doce e moi afable, moi querida nesta localidade. Nela casaba con Andrés García, que chegaba a Valdeorras exercer a súa profesión como médico alá polo ano 1949, e con quen tiña tres fillos: Andrés, Ana e María Carmen. Era unha persoa moi alegre e familiar.

Acompañada pola súa familia, María Hortensia Siso Álvarez falecía neste 24 de maio aos 91 anos de idade. A súa capela ardente está no Tanatorio Santa Rita. Familia, amigos e veciños daranlle o seu último adeus no funeral que terá lugar mañá, 25 de maio ás 12:30h. na igrexa parroquial de Santa Rita, posteriormente será o enterro no cemiterio barquense.

 

Artigos relacionados

Back to top button