
O Barco continuará en nivel alto de restricións. Un nivel ao que ademais se incorporará A Rúa (ata o de agora en nivel medio), tal e como vén de acordar o Comité Clínico que fai seguemento da pandemia do Covid-19 en Galicia. Serán ademais os dous únicos concellos da provincia de Ourense que se situarán neste nivel, tal e como indicaba o conselleiro da Sanidade, Julio García, na rolda de prensa celebrabada tras a reunión de hoxe do Comité Clínico.
Ademais, A Veiga, un municipio que ata agora estaba en nivel medio-baixo, entrará en nivel medio. No caso da provincia de Ourense estarán nese mesmo nivel outros 7 concellos: Avión, Allariz, Xinzo de Limia, Ourense, O Carballiño, Coles e Verín.
Estas medidas entrarán en vigor ás 00h. do sábado 21 de agosto. “Farase unha nova revisión o venres pola mañá, sen descartar que algúns destes concellos puidera mudar de nivel de restricións”, matizaba o conselleiro de Sanidade.
Cambios nos niveis dos concellos
– Concellos en nivel MÁXIMO en Galicia: ningún.
- NIVEL ALTO
AS A Coruña
Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, Muxía, A Coruña, Arteixo, Betanzos, Cee, Miño, Sada, Camariñas, Vimianzo, Cabanas de Bergantiños
AS Ferrol
Pontedeume, Cabanas, Ares
AS Santiago de Compostela AS Lugo
Rábade
Área Sanitaria de Ourense
A Rúa, O Barco de Valdeorras
AS Pontevedra
O Grove, Meis, Bueu, Ponte Caldelas,
AS Vigo
Redondela,Tui, Vigo, A Guarda, Arbo, As Neves, Nigrán, Tomiño, O Rosal, Ponteareas, A Cañiza- NIVEL MEDIO
AS A Coruña
Zas, Coiros, Corcubión, Carballo, Carral, Cerceda, Abegondo, Coristanco, Curtis, Ponteceso, Oza-Cesuras, Laracha, Cambre, Culleredo, Oleiros
AS Ferrol
Cariño, Fene, Narón, Neda, Ferrol
AS Santiago de Compostela
Ames, Ribeira, Padrón, Rianxo, Santiago de Compostela, Boiro, Silleda, Touro, Santa Comba, Trazo
AS Lugo
Outeiro de Rei, Chantada, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Barreiros, Ribadeo,Viveiro.
Área Sanitaria de Ourense
Avión, Allariz, Xinzo de Limia, A Veiga, Ourense, O Carballiño, Coles, Verín
AS Pontevedra
A Lama, Portas, Cambados, Marín, Vilagarcía de Arousa, A Illa de Arousa, Catoira, Caldas de Reis, Pontevedra, Sanxenxo, Poio Soutomaior,
AS Vigo
Gondomar, Salvaterra do Miño, Cangas, Moaña, Mos, Salceda de Caselas, Mondariz, Pazos de Borbén. Baiona, O Porriño, A Guarda