ConcellosManzanedaO BarcoÚltima hora

O Barco e Manzaneda, próximas paradas das Xornadas de Folclore

Xornadas de folclore no Barco nunha edición anterior./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O grupo de Sudáfrica, Amezebra, incorpórase hoxe ao programa das XXXVIII Xornadas de Folclore, coa actuación prevista no Malecón do Barco de Valdeorras, ás 22:30 horas. A agrupación tomou a decisión de proseguir a xira para “render homenaxe e lembrar” a figura do seu director, falecido de forma inesperada o pasado luns en Ourense.

Deste xeito, as Xornadas, organizadas pola Deputación de Ourense a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, recuperan a normalidade do seu calendario e acollerán en Celanova ás agrupacións de Bolivia, Tahití e Ucraína e no Barco a Ecuador, Sudáfrica e Arxentina. Ao comezo das actuacións volverá a gardarse un minuto de silencio en lembranza de George Ofilant.

Mañá xoves día 10 a agrupación folclórica de Bolivia será a encargada de abrir a noite de danzas e músicas do mundo en Manzaneda. O Ballet Folclórico da Paz, Bafopaz, foi creado no ano 2006 e conta no seu haber con destacados premios como o “Eduardo Abaroa”, concedido polo Ministerio de Cultura de Bolivia, ou a “Medalla ao Mérito Cultural”, da Asemblea Lexislativa Plurinacional.

 

A agrupación folclórica de Bolivia, onte na Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Entre as danzas que amosarán ao longo destas Xornadas atópase a de “Los Suri Sikuris, que ten a súa orixe nas comunidades andinas dos Mollos, Aymaras e Lipis, no departamento de La Paz e interpretábase nas provincias Camacho, Ingavi y Pacajes por mor dun matrimonio ou a construcción dunha casa.

Un dos obxectivos da agrupación boliviana é amosar en Ourense un amplo percorrido polas tradicións e culturas das distintas zonas do país, como sucede coa “ Morenada”, unha das danzas representativas da cultura occidental de Bolivia e que suscita sempre un debate entre os que defenden a orixe netamente aymara da danza e os estudiosos que atopan probas coloniais e republicanas da notable influencia da cultura dos escravos africanos das minas de ouro e potosí.

Bafopaz, actuará acompañado polas agrupacións folclóricas de Tahití e Ucraína ás 22:30 horas no Patio Colexio de Manzaneda.

Artigos relacionados

Back to top button