DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Barco, epicentro do atletismo galego absoluto

As pistas barquenses de Calabagueiros acollen dende as 11h. deste sábado do Campionato de Galicia de Clubs

 

Coas probas de lanzamento de martelo e salto de altura masculinas poñíase en marcha arredor das 11h. nas pistas de atletismo de Calabagueiros (O Barco) o XXXII Campionato absoluto de clubs de Galicia. Tamén se celebraban as probas de martelo e altura femininas e 5.000 marcha masculina e feminina, ademais dos 3.000 obstáculos.

Con esta importante cita, na que tamén se renderá homenaxe ao atleta valdeorrés Luis Nogueira, ábrense as competicións a nivel de clubs que terán a súa continuidade cas distintas fases e grupos das ligas nacionais que darán comezo o vindeiro día 24 de abril.

No Barco están a medirse oito mellores equipos galegos en cada unha das categorías clasificados para este encontro. Os catro primeiros da edición do ano pasado lograban a súa clasificación automática, decidíndose os restantes catro por estadillo de resultados.

Na categoría feminina compiten, ademais do Club Adas do Barco e o Ourense Atletismo, o Ría Ferrol, A. Femenino Celta, Ximnástica de Pontevedra, Escola Atlética Lucense, C.A. Santiago e Lucus Caixa Rural.

 

 

Na categoría masculina haberá novamente unha interesante disputa entre a Gimnástica de Pontevedra e o Real Club Celta de Vigo. “A condición de club militante na División de Honra nacional, outórgalle certa ventaxa aos pontevedreses quenes defendarán o último título logrado no 2019. Pola súa contra, os vigueses intentarán facer valer os seus cinco títulos logrados nos últimos sete anos e que ademáis os poñen ao fronte do histórico con trece títulos”, indican dende a Federación Galega de Atletismo.

Xunto a estes dous clubs estarán tamén competindo polos postos importantes, o Atletismo Santiago, Atletismo Narón, Lucus Caixa Rural, Atletismo Sada, Ourense Atletismo e Marineda Atlético.

Táboa de puntos por proba tras a xornada de mañá do galego

 

Para facer posible este campionato, ao que non se permite o acceso de público e que conta cun estrito protocolo de seguridade fronte ao Covid-19, ademais do labor organizativo a cargo da Federación Galega de Atletismo, da Delegación Valdeorresa da federación e do Club Adas cóntase coa participación de numerosos voluntarios, así como coa colaboración de persoal médico e de Ambulancias Sil.

A competición reanudarase pola tarde, a partir das 16h.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.

Máis información:
https://osil.info/aldara-basteiro-e-adriana-reguera-adas-terceiras-en-altura-e-martelo-no-galego-de-clubs/
https://osil.info/o-barquense-jose-fernandez-segundo-nos-5-km-marcha-no-galego-de-clubs/

Artigos relacionados

Back to top button