ConcellosÚltima hora

O Barco lanza o programa formativo “Valdeorras emprende”

Terá lugar os días 2 e 3 de outubro no IES Lauro Olmo e vai dirixido a persoas de entre 16 e 30 anos

 

Co fin de “explorar as posibilidades de autoemprego” na comarca de Valdeorras o Concello do Barco promove o programa formativo “Valdeorras emprende”. Esta iniciativa, que é de balde, impartirase os días 2 e 3 de outubro (en horario de 10h. a 14h.) no IES Lauro Olmo do Barco. Está dirixida a persoas de entre 16 e 30 anos.

A través deste programa “analizaremos as vosas ideas para ver se poden ter futuro, obteredes indicacións básicas cosbre como comezar e conversaremos con emprendedores de áreas como os proxectos audiovisuais, o deseño gráfico, o porco celta, o mel, envellecemento activo, etc.”, segundo o Concello.

Para ampliar información ou inscribirse as persoas interesadas poden chamar ao Concello do Barco (teléfono 988 320202) ou ben dirixirse ao Concello vello. Este programa será organizado polo Concello barquense con financiamento da Consellería de Política Social e coa colaboración do IES Lauro Olmo.

 

Artigos relacionados

Back to top button