
O Barco honra de novo a un dos seus fillos máis ilustres e faino cunha serie de actos que pretenden pór de relevo a figura do escritor Lauro Olmo, un dramaturgo de sona internacional. Esta homenaxe coincide co 20 aniversario do seu pasamento e intégrase no marco do festival “De perto”, que promove a Concellería de Cultura do Barco.
Así o 19 de xuño ás 20h. inaugurarase unha mostra sobre Lauro Olmo e proxectarase o documental “Desde abaixo, a dignidade dun escritor” sobre a figura deste dramaturgo nacido no Barco. Esa conmemoración incluirá o día 20 o espectáculo “Un neno do Sil”, con guión e dirección de Pilar Alonso e cun elenco de actores entre os que estará Paco Campos. Será no TLO ás 21h.
Foto: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil