En portadaÚltima hora

O Barco pasará ao nivel medio de restricións sanitarias o vindeiro sábado

Isto implica, entre outras, unha limitación de aforo en hostalaría e restauración do 30% no interior e do 50% en terrazas.

Paseo do Malecón no Barco./ Foto: A.R.

 

O Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións no concello de Lobios.

Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Cambados, Vilanova de Arousa, Moraña, Ponte Caldelas, Mos, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Oleiros.

Ademais, no nivel medio de restricións estarán os concellos de Barbadás, O Barco de Valdeorras, Santiso, Boiro, Rianxo, Padrón, Ordes, Valga, Ames, Carral, Fisterra, Cee, Bueu, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Cangas, Moaña, Salceda de Caselas, Chantada, Viveiro e Cervo.

O nivel medio de restricións, implica, entre outras, unha limitación de aforo en hostalaría e restauración do 30% no interior e do 50% en terrazas.

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

O comité tamén acordou permitir as ceas ata a unha da madrugada nos locais de hostalería, independentemente de se teñen licenza ou non de restaurante. Polo tanto, os locais que dean ceas, poden dalas nas mesmas condicións que os restaurantes.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro sábado, 22 de maio.

Artigos relacionados

Back to top button