CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O Barco prepárase para o Samaín decorando cabazas

A Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán acolleu un obradoiro infantil na mañá do 26 de outubro

 

Con motivo da celebración do Samaín, o vindeiro 30 de outubro a partir das 18h. celebrarase no Barco de Valdeorras a Festa de Medo na Biblioteca, con disfraces, xogos dirixidos por animadores, malabares, música, contos e a resolución do Concurso de Enigmas e os xogos cos mellores.

Trátase dunha acitividade especialmente pensada para o público infantil, igual que o obradoiro para decorar cabazas que tiña lugar na mañá do 26 de outubro na propia Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, e no que participaban uns 24 cativos.

Coordinado por Débora Álvarez a actividade desenvolvíase ao longo da mañá e incluía o baleirado e limpeza das cabazas (cada neno levaba a súa de casa), pintado e posterior decoración de cada unha, botanto man da imaxinación e inxenio dos participantes.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button