
As oliveiras, a castaña ou os arandos. Sobre estes produtos e as súas oportunidade como cultivos de futuro para o medio rural falarase, entre outras cuestións, no foro “Xornadas sore as oportunidades do medio rural” que promoverá o Concello do Barco entre o 10 de decembro o 28 de xaneiro. A presentación desta proposta tiña lugar na mañá do 4 de decembro nun acto que contaba coa presenza do alcalde do Barco, Alfredo García, e da concelleira de Promoción Económica, Irene Dacal.
Estas xornadas celebraranse no salón de actos do edificio multiusos do Barco sempre ás 19h. A primeira delas está programada para o 10 de decembro e será impartida por Alejandro Sánchez de Dios, subdirector de Mobilidade de Terras e responsable do Banco de Terras de Galicia. O seu relatorio leva por título “A loita contra o abandono e a mobilización de terras produtivas”.
O resto do programa é o seguinte: