Na xornada deste sábado 28 de setembro celébrase no Barco de Valdeorras o XX Encontro de Voluntariado de Cruz Vermella en Ourense que reúne a máis de 150 persoas de distintas asembleas comarcais da provincia que ían chegando xa dende primeira hora da mañá, tal como pode verse nesas imaxes.
O acto de inauguración, presidido por Felipe Ferreiro (presidente de Cruz Vermella en Ourense e Mariví Núñez (presidenta comarcal en Valdeorras), terá lugar no Teatro Lauro Olmo onde se entregarán os recoñecementos ao voluntariado desta edición, 25 diplomas pola acción voluntaria e dúas Medallas de Bronce.
Este encontro é unha cita anual na que se “recoñece o compromiso do voluntariado, ademais de “servir para reflexionar sobre o seu papel na sociedade actual e promover un tempo para compartir experiencias entre persoas que colaboran en diferentes programas”.
Fotos: O SIL.