ConcellosÚltima hora

O Barco realizará a desinfección de zonas sensibles

Un dos camións de FCC no Barco.

 

Co obxectivo de aumentar as precaucións para tratar de reducir na medida do posible o impacto de propagación do COVID-19, a partir de mañá, sábado 21 de marzo, operarios da empresa FCC comezarán a tratar aqueles entornos susceptibles de acumulación de persoas, cunha solución de hipoclorito sódico (lixivía común, proporción 1:50). O tratamento realizarase mediante mochilas pulverizadoras, coa intención de desinfectar nesas zonas, segundo informa o Concello.

Deste xeito, dous operarios encargaranse de realizar estas tarefas, nos seguintes lugares do casco urbano de O Barco e Viloira: “entorno de supermercados e tendas de alimentación, entorno de centros sanitarios, entorno de residencias de maiores, entorno de estancos, entorno de farmacias, entorno de oficinas de Correos, entorno de centros de persoas con necesidades especiais”, indica o Concello.

 

Artigos relacionados

Back to top button