DeportesÚltima hora

O Barco recupera a Carreira do Turrón, prevista para o 22 de decembro

Imaxe dunha edición anterior da Carreira do Turrón do Barco.

 

Neste Nadal a Concellería de Deportes retomará a celebración da Carreira do Turrón, tras o parón do pasado ano por mor da pandemia. Será a súa 14ª edición, que está programada para o vindeiro 22 de decembro con saída dende a praza Andrés de Prada da vila e con dúas probas: unha de cativos (ás 20h.) e outra popular (ás 20:30h.).

A cita manterá o seu carácter solidario e as sús inscricións poden realizarse a partir do próximo luns, día 13 de decembro.

 

Artigos relacionados

Back to top button