DeportesÚltima hora

O Barco recuperará a Carreira dos Santiños o 8 de decembro e cun circuíto homologado

Imaxe da saída da edición do 2019 da Carreira dos Santiños do Barco./ Foto: A.R.

 

De xeito especial celebrarase a 13ª edición da Carreira Popular dos Santiños no Barco. Ademais de recuperarse esta cita popular, interrompida no 2020 por mor do Covid, neste 2022 muda de datas (pasando de novembro a decembro) e estrea un circuíto homologado.

A carreira terá lugar o vindeiro 8 de decembro. Haberá dúas saídas por categorías dende o pavillón de Calabagueiros: a primeira ás 11h. (para os Sub18/20 masculino, os Sub23 masculino, os senior masculino, os absolutos masculino e os master A e B masculinos) e a segunda as 11:30h. (todas as categorías femininas e as master masculina e feminina C, De e F).

Logo, os atletas seguirán un traxecto urbano de 2,5 km ao que darán dúas voltas (no caso dos Sub16 só unha) co seguinte percorrido: rúa Río Mariñán, Barco de Ávila, Paseo do Malecón (onde se establecerá un control de paso), rúa Coruña e Calabagueiros, onde se situará a meta.

 

 

 

Será, polo tanto, un traxecto será moi similar ao de anos anteriores, agás por un detalle: en lugar de chegar ata a zona do Casino (no Malecón do Barco) a ruta quedarase na zona da rúa Academia Dequidt. As persoas interesadas poderán realizar a súa inscrición a través da web https://www.carreirasgalegas.com/.

Por outra banda,, as carreiras das categorías base serán nas pistas de atletismo. As saídas comezarán a darse por categorías a partir das 12:40h. cos Sub14 masculino e feminino, que correrán unha distancia de 600 metros. Logo irán

Ademais esta proba deportiva, organizada polo Club Adas en colaboración coa Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo e co Concello do Barco, terá un carácter solidario a beneficio da Cruz Vermella Valdeorras.

Esta proba está incluída no calendario oficial da FGA e será controlada polo Comité de Xuíces desta mesma federación.

Artigos relacionados

Back to top button