ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

O Barco recuperará a súa cabalgata de Reis na tarde do vindeiro 5 de xaneiro

A concelleira de Cultura barquense, Margarida Pizcueta, presentaba esta mañá o programa de Nadal "con propostas para todas as idades e para todos os gustos", dicía

A concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, na presentación do programa de Nadal do Barco./ Foto: A.R.

 

Tras unha paréntese de dous anos por mor da pandemia, as carrozas dos Reis Magos de Oriente volverán percorrer as rúas do Barco. Será na tardiña do 5 de xaneiro ás 18h. e recuperando o seu traxecto habitual: dende a estación de autobuses do Barco ata a praza do Concello. Así o anunciaba esta mañá a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, durante a presentación do programa deste Nadal no municipio. “É un programa de luxo con actividades para todas as idades e para todos os gustos. E, como novidade, temos a normalidade xa que volvemos recuperar actos como a cabalgata de Reis, que deixará de ser estática, e pasará pola estrada principal da vila, e o campamento de Nadal”, sinalaba a edil.

Ademais o programa inclúe o mercadiño de Nadal, concertos, unha exposición de selos, a Carreira do Turrón, teatro, cine, un parque de inchables (no pavillón vello e en Calabagueiros) e, tamén, a visita do Apalpador.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button