
O automobilismo nacional, en forma de Campionato de España de Montaña, chegará a Valdeorras do 23 ao 25 de xuño con motivo da quinta edición da Subida a Valderras, unha cita recuperada a pasada tempada nos calendario competitivos e que, tras demostrar o seu bo nivel organizativo, lograba o premio de formar parte do certame nacional.
A capital da comarca, O Barco de Valdeorras, será o epicentro dunha proba na que os mellores especialistas da montaña automobilística española serán protagonistas no trazado que une Viloira con Santigoso, nun trazado espectacular e ideal para as competicións en costa. A proba está sendo promovida pola Escudería Valdeorras.