EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O Barco rendiuse á “Noite Branca”

A iniciativa foi organizada polo Barco Centro Comercial Aberto

Numerosas persoas se sumaron ás actividades da “Noite Branca” organizada polo Barco CCA na noite do 20 de xuño nesta vila valdeorresa. Uns 27 establecementos prolongaban o seu horario da apertura ata a medianoite ofrecendo descontos dun 20% e agasallando ao público con exquisitos e orixinais pinchos. Asemade os establecementos de hostalaría participantes ofrecían degustacións de paella e contaban con terrazas chill out.

Ao mesmo tempo as rúas contaron con actividades de animación, con música de gaiteiros e mesmo foron escenario de dúas flasmob (danza espontánea) e do ritmos dunha discoteca móbil.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Ángeles Rodríguez/ Mónica G. Bellver

Máis fotos e información na vindeira edición do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button