ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco rexistra 12 casos activos de Covid

Imaxe do centro do Barco. Foto: A.R.

 

Estabilidade nas cifras de positivos de coronavirus no Barco. Este municipio rexistra un total 12 casos activos de Covid-19, os mesmos que onte, e 1 menos con respecto ao pasado 26 de febreiro, segundo os últimos datos comunicados polo Sergas ao Concello neste 2 de marzo.

En canto ao número de novos casos de Covid-19 diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, éstes sitúanse en 12. A incidencia acumulada para o concello mantense en >50 e ≤150, segundo a Consellería de Sanidade.

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button