
Leve respiro na curva de casos de coronavirus no Barco. Despois dun par de semanas de continuo ascenso, este municipio valdeorrés rexistra nesta xornada un leve descenso. Este concello ten un total 63 casos activos de Covid, 1 menos que onte, segundo os últimos datos comunicados polo Sergas ao Concello neste martes 2 de febreiro.
En canto ao número de novos casos de Covid-19 diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, éstes soben a 62, 4 máis que os que figuraban onte. A incidencia acumulada para o concello está en >250, segundo a Consellería de Sanidade.
