En portadaÚltima hora

O Barco, Rubiá e Monterrei entrarán en nivel alto de restricións o vindeiro venres

Así o vén de decidir o comité clínico na reunión desta tarde, na que tamén decidía manter a Carballeda en nivel máximo

Reunión do comité clínico desta tarde.

 

O Comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar manter o nivel máximo de restricións para os concellos de Carballeda de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal e O Grove.

Ademais, a asemblea de expertos determinou o establecemento do nivel alto de restricións en dez concellos galegos: O Barco de Valdeorras, Rubiá, Monterrei, Cortegada, Padrenda, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro e A Illa de Arousa. Isto inclúe, entre outras medidas, que non estará permitido o consumo no interior de establecementos de hostalaría e restauración.

Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións os municipios do Irixo, Trabada, Meira, A Pobra do Brollón, Muxía, Cambre, Ortigueira, Ribeira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, As Neves, Gondomar, Vilaboa, Marín e Meaño.

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00 horas do vindeiro venres, 16 de abril.

Artigos relacionados

Back to top button