En portadaÚltima hora

O Barco sobe a 52 casos activos de Covid, dos cales 32 son menores de 15 anos

Panorámica do Barco./ Foto: A.R.

 

Tras unha xornada de estabilidade nas cifras, neste luns 27 de setembro volven subir os casos activos de Covid-19 no Barco de Valdeorras. Segundo os últimos datos feitos públicos polo Sergas (actualizados ás 18h. de onte), son 52 os casos positivos por coronavirus rexistrados neste municipio, o que supón 5 máis que onte, dos cales 32 son menores de 15 anos debido ao brote escolar.

A incidencia acumulada no concello sitúase entre >125 ≤250 nos últimos 7 días e entre >250 e ≤500 nos útimos 14 días, segundo a Consellería de Sanidade.

Na cidade de Ourense rexístranse hoxe 78 casos activos e hai 63 concellos da provincia sen casos. Os que si teñen, quitando O Barco e Ourense, rexistran menos de 10.

Artigos relacionados

Back to top button