ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco sobe ata os 49 casos activos de Covid, 7 máis que onte

Paseo do Malecón do Barco./ Foto: A.R.

 

Segue a medrar a curva de casos activos de coronavirus no Barco. Este concello rexistra un total 49 casos activos de Covid, 7 máis que onte, segundo os últimos datos comunicados polo Sergas ao Concello neste 30 de xaneiro.

En canto ao número de novos casos de Covid-19 diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, éstes suben a 42, 2 máis que os que figuraban onte. A incidencia acumulada para o concello tamén aumenta e sitúase hoxe en >250, segundo a Consellería de Sanidade.

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button