DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Barco suma e segue coa quinta vitoria consecutiva

3-0 vencía ao Alondras CF no partido da xornada 7 disputado o venres 12 de outubro, en Calabagueiros

En racha. O C.D. Barco vén de sumar a quinta vitoria consecutiva tras vencer por 3 goles a 0 ao Alondras CF.

O de Calabagueiros era un dos partidos adiantados da xornada 7 de terceira división e coma sempre moito público asistía na tarde do 12 de outubro para ver xogar ao equipo nun partido que comezaba cunha homenaxe ao Club Fluvial Barco. Despois gardábase un minuto de silencio pola catástrofe provocada polas chuvias en Mallorca e deseguido comezaba o encontro.

Barco e Alondras saltaban ao terreo de xogo dispostos a facerse cos tres puntos en xogo e pelexaron duro para conseguilo. De feito, malia ter varias oportunidades non sería ata minuto 44, a piques de rematar a primeira parte, cando David Álvarez conseguía o primeiro gol local. Tralo paso polo vestiario, o intenso xogo continuaba, tendo que esperar de novo para que Santi marcara o segundo do Barco no minuto 85. Dous despois, no 87′ Juanito sentenciaba o encontro co 3-0 final.

Con esta gran vitoria, os de Manolo Pérez continúan na cabeza da clasificación e a vindeira fin de semana viaxarán ata A Coruña para xogar no campo do Silva.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button