En portadaÚltima hora

O Barco suma un novo brote de Covid con tres casos

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar un novo brote familiar de Covid no Barco, con tres casos: unha muller de 25 anos e dous homes de 25 e 59 anos. Ademais sinaláse que o brote familiar de catro casos (comunicado o 2 de outubro) ascende agora a 6 positivos, tras o diagnóstico dun home de 36 e unha muller de 65 anos.

Xunto co novo brote xa citado no Barco, Sanidade notifica outros tres na provincia de Ourense: un familiar en Xunqueira de Ambía-Ourense con cinco casos (49, 55 e 74 e dúas mulleres de 51 e 71 anos, as dúas persoas de maior idade pertencen ao primeiro concello), un brote familiar no Carballiño con 3 casos (1 home de 46 anos e dúas mulleres de 41 e 33 anos) e outro familiar en Lobios-Ourense con 5 casos (30, 70, e 87 anos e dúas mulleres de 76 e 86 anos, as dúas persoas de maior idade pertencen ao primeiro concello).

Así mesmo, os casos continúan medrando no concello de Ourense, con novos gromos e aumento de afectados dos existentes.

Artigos relacionados

Back to top button