ConcellosÚltima hora

O Barco súmase á “Noite Violeta”

A fachada do Concello vello tinguirase de violeta nesta noite de 20 de setembro

Fachada do Concello vello do Barco, que esta noite iluminarase con luz violeta./ Foto: A.R.

Entre as cidades e vilas galegas que celebrarán neste venres a “Noite Violeta” estará O Barco. A través dun comunicado o Concello vén de informar de que se suma a esta convocatoria realizada polos colectivos feministas en máis de 200 localidades de todo o Estado tras a declaración da Emerxencia Feminista proclamada en Alicante o pasado 20 de agosto.

“Desde o Concello do Barco queremos manifestar o noso apoio á convocatoria do movemento SOS emerxencia feminista: A noite será violeta”, sinalan dende esta administración local. Un apoio que se concretará coa iluminación en cor violeta do edificio do concello vello durante a noite deste 20 de setembro.

Artigos relacionados

Back to top button