ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco ten 23 casos activos de coronavirus, 1 máis que onte

Unha das rúas do centro do Barco.

 

Aínda que de forma leve, segue o aumento nos casos activos de coronavirus no Barco de Valdeorras, cun total de 23 casos (1 máis que onte) segundo os datos comunicados na xornada deste martes 17 de novembro polo Sergas ao Concello.

Por outra banda, este municipio valdeorrés mantense no nivel de alerta 1 (amarelo) no mapa epidemiolóxico que elabora a Consellería de Sanidade, cun rexistro de entre 7 e 14 novos casos de Covid-19 confirmados por probas PCR nos últimos 7 días.

Artigos relacionados

Back to top button