Cos madrileños Blue Dog abríase o cartaz do IV Festival Blues no Sil na noite do 4 de xullo no Barco. Tras eles subíanse ao escenario da praza de Andrés de Prada os composteláns The Lákazans que, ao redor da medioanoite, daban paso aos ritmos dos asturianos Blues & Decker, que alternaron temas trepidantes con outros máis suaves, facendo as delicias do público.
Xa a partires da unha, e tras o sorteo dunha harmónica, a festa trasladábase á Sala Baranda, tamén no Barco.
O día 5 de xullo completábase o programa con diversas propostas: blues nas rúas, jam session vermú acompañada de pulpo con Booty Sweat, obradoiros de harmónica e guitarra (pola tarde) e novos concertos, xa a partires das oito da tarde, da man de The Reverendos, King Bee e José Luis Pardo & The Mojo Workers. O broche do festival foi unha jam session no Baranda.
Fotos: Ángeles Rodríguez/ Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil