En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Barco vai de viños coa VII ruta de pinchos

Unha vintena de establecementos hostaleiros da vila participan nesta edición

“Tenreira e salsa de mazá”, “Cono de tres sabores”, “Curri verde tailandés”, “Presa de polo con crema de améndoas e pataca rizada”,… Son algúns dos vinte pinchos que dende o xoves día 12 e ata o domingo día 22 de xaneiro, poderán degustarse nos establecementos hostaleiros do Barco de Valdeorras que participan na VII ruta de pinchos.

A ruta está organizada  por O Barco Centro Comercial Aberto (CCA), a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e o Concello do Barco e, como en edicións anteriores, editáronse trípticos nos que aparecen os 20 locais participantes co pincho estrela que ofrecen así como datos de ubicación (mapa incluído) e horarios de cada establecemento, distribuídos en tres zonas: mencía, godello e dona branca.

Na noite do venres 13 de xaneiro, moita xente disfrutou xa da ruta, en parella ou en grupo, e dos seus saborosos pinchos e viños. Para participar no sorteo de catro ceas para catro parellas, hai que selar os boletos nun mínimo de 5 establecementos (polo menos un de cada zona).

Fotos: Carlos G. Hervella

Máis fotos:
https://osil.info/ruta-de-pinchos-barco-atrae-multitude-de-persoas/

Artigos relacionados

Back to top button