EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A ruta de pinchos do Barco atrae a multitude de persoas

Eran moitos, tanto de Valdeorras como de fóra da comarca, os que desfrutaban deste circuíto gastronómico nesta fin de semana

Numerosos grupos de persoas sumábanse á VII Ruta de Pinchos “O Barco vai de viños” na súa primeira fin de semana. De local en local, os participantes (boa parte deles de Valdeorras, pero tamén moitos de fóra da comarca) probaban as diferentes propostas, comentábanas e selaban o seu boleto para poder optar logo ao sorteo de catro ceas. Ademais tomaban nota de cada pincho estrela para despois votar ao que consideran mellor.

Máis de cen pinchos por día se servían o venres e o sábado nalgúns dos vinte establecementos da ruta, que nalgúns casos mesmo chegaban a esgotar o pincho dada a gran afluencia de persoas. E nalgún dos locais o ambiente animábase ademais coa actuación do cantautor valdeorrés Sito.

Esta ruta prolongarase ata o vindeiro 22 de xaneiro, coincidindo coa fin de semana na que se celebrará a Festa do Botelo no Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella

Máis fotos e información:
https://osil.info/o-barco-vai-de-vinos-coa-vii-ruta-de-pinchos/

Artigos relacionados

Back to top button