DeportesEn portadaPiraguismoÚltima hora

O barquense Adrián Prada Pérez, campión en K-1 sénior do Descenso do Sil

Jesús Rodríguez León, tamén barquense e que ata agora levaba 18 vitorias nesta competición, quedaba segundo

 

O espectáculo do Descenso do Sil vén de recuperarse na tarde deste sábado logo dun parón de dous anos. Esta proba deportiva, que vai xa pola súa 54ª edición e se encadra dentro das Festas do Cristo, reunía a uns 200 padexeiros chegados de diferentes puntos da xeografía galega e mesmo do resto de España.

Pero neste regreso saltaba a sorpresa. O padexeiro barquense Adrián Prada Pérez (Club Piragüismo Verducido-Pontillón) dominaba en K-1 sénior facéndose por vez primeira co título nesta competición, que nas últimas 18 edicións estivo sempre dominada pola tamén barquense Jesús Rodríguez León (Club Fluvial Barco), que nesta ocasión entraba na meta, situada no Malecón do Barco, nunha segunda posición pero a unha notable distancia do vencedor da regata.

Nada máis saír do río, Adrián recibía as felicitacións da súa mai, o seu pai e o seu irmán Raúl, así como de amigos e compañeiros de regata.

Destaca tamén a segunda posición do K-2 sénior formado polos valdeorreses Aitor López Berciano e Sergio Ruiz Paz, do Fluvial Barco.

En breve ampliarase información de resultados e galería fotográfica sobre o Descenso.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button