PolíticaÚltima hora

O barquense Eduardo Ojea, cuarto na lista do PSdeG por Ourense ás eleccións galegas

A candidatura nesta provincia estará encabezada por Marina Ortega, actualmente deputada no Congreso

O barquense Eduardo Ojea./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O PSdeG vén de aprobar “por aclamación” as súas candidaturas ao Parlamento galego, nas que Gonzalo Caballero, Pablo Arangüena, Patricia Otero e Marina Ortega figuran como cabezas de lista nas provincias de Pontevedra, A Coruña, Lugo e Ourense, respectivamente.

No referido a Ourense, a secretaria de Política Social do PSdeG, Marina Ortega, liderará a lista. Nacida no Carballiño en 1983, esta psicóloga de profesión é deputada no Congreso despois de pasar pola concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade da súa localidade.

En Ourense, por detrás de Ortega sitúase o verinense Juan Carlos Francisco, senador, quen xa fora parlamentario autonómico entre 2010 e 2012. A continuación sitúase a ourensá Carmen Rodríguez Dacosta, quen accedeu á Cámara galega hai uns meses, e no cuarto posto atópase Eduardo Ojea (O Barco de Valdeorras).

Catro ourensanos máis, Elena de Prada, José Antonio Novoa (Xuventudes Socialistas), Marina Tallón e Miguel Ángel Rodríguez Ojea, atópanse nos números cinco, seis, sete e oito. Bibiana Iglesias, de San Cibrao, sitúase no número nove, antes de José Rodríguez (A Mezquita).

Antonio Rodríguez, quen fora secretario xeral do PSdeG, pecha a lista de Ourense, de onde é natural, a xeito simbólico de apoio ao proxecto socialista de cara ao 5 de abril.

 

Artigos relacionados

Back to top button