DeportesÚltima hora

O barquense Jesús Rodríguez, prata en K-1 no mundial máster de maratón en China

Jesús Rodríguez nunha competición anterior./ Foto: A.R.

 

Novo podio mundial para o veterano padexeiro Jesús Rodríguez León do Club Fluvial Barco. Na tarde deste luns 14 de outubro tomaba a saída en K-1 40-44 anos no campionato do mundo máster de maratón que se está a disputar na cidade chinesa de Shaoxing.

Nesta proba facíase coa prata completando o circuíto de 18,30 km nun tempo de 1.25:14.41, apenas dez segundos despois do vencedor da regata, o irlandés Peter Egan. O bronce correspondíalle ao uruguaio Jorge Ferrier. Nesta categoría era o único español en competición.

Artigos relacionados

Back to top button