AutomobilismoDeportesÚltima hora

O barquense Leo Pérez mantense entre os primeiros no galego de karting alevín

Quedaba terceiro e cuarto nas dúas carreiras da cuarta cita do calendario, celebrada o 6 de setembro en Forcarei

 

Continúan moi igualadas as posicións no campionato galego de karting alevín, que está a disputar o piloto barquense Leo Pérez Pereira. O 6 de setembro o circuíto da Madalena (Forcarei, Pontevedra) acollía a cuarta cita do campionato, con dúas carreiras nas que o xove valdeorrés (que corre cn BRM e con motores de Javier Modroño) quedaba terceiro e cuarto, respectivamente.

 

 

“Na primeira volta foi ben e iso permitiulle un bo posta na saída da segunda, pero adiantolle outro kart, Leo quedouse un pouquiño atrás e, finalmente, quedou cuarto. Aínda así estamos moi contentos, hai que ter en conta que este é o seu primeiro ano como alevín e está medíndose con nenos un ano maiores ca el e que na vindeira tempada xa cambian de categoría e pasan a ser cadetes”, explica Julio Pérez, pai do piloto.

A intención do valdeorrés é completar o calendario galego, que continuará a finais de agosto e en setembro. Ten opcións de podio e pensa aproveitalas, sobre todo, no outono, xa que é un piloto moi rápido e hábil en carreiras con chuvia.

Fotos cedidas.

 

Javier Modroño, todo un referente no mundo do karting, co kar de Leo Pérez.

 

O xove piloto valdeorrés, xunto ao seu kart.

Artigos relacionados

Back to top button