CD BarcoDeportesFútbolÚltima horaVídeos

O barquense Ricardo Prada, premio Adestrador de Honra pola Real Federación Galega de Fútbol

 

Leva toda a vida no Centro de Deportes Barco, primeiro como xogador e máis tarde como adestrador de diferentes categorías, centrándose nos últimos anos nos cadetes e xuvenís e, pola súa longa traxectoria, sempre vinculado ao balón pé, vén de ser recoñecido pola Real Federación Galega de Fútbol (Escola Galega de Adestradores).

 

 

Na tarde deste luns 19 de febreiro, e tras máis de dúas décadas adestrando, o barquense Ricardo Prada García recollía en Ourense o premio Adestrador de Honra. A homenaxe tiña lugar no Auditorio Municipal, no marco da IV Xornada de Actualización e Reciclaxe para adestradores de fútbol que contoa con Óscar Garro (director de fútbol base do Sporting Xixón), Andrés París (pedagogo deportivo), Aitor Karanka e Rubi, adestradores profesionais.

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button