EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O barquense Víctor Miranda, autor do cartel ganador da XX Feira do Viño de Valdeorras

A obra foi seleccionada polo xurado entre un total de 50 propostas presentadas
Algúns dos membros do xurado co cartel ganador./ Foto: Carlos G. Hervella.

O godello é o principal protagonista do cartel promocional da XX Feira do Viño de Valdeorras, que se celebrará na fin de semana do 15 e 16 de xullo na praza de Viloira (O Barco). O xurado do concurso convocado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras reuníase na tarde do 15 de xuño e decidía a proposta ganadora, da que é autor o barquense Víctor Miranda, de 39 anos e natural do Barco de Valdeorras.

No cartel destaca unha copa medio chea de viño branco entre unha botella silueteada sobre fondo negro. O autor da proposta gañadora, que traballa no ámbito do marketing e da publicidade, recibirá un premio de 600 euros. Un total de 50 traballos diferentes presentáronse ao concurso.

 

Imaxe do cartel ganador do concurso.

O xurado do concurso estivo conformado por diferentes profesionais e presidido pola secretaria xerente do Consello Regulador, Alda Pérez. Del tamén formaban parte o profesor petinés Gabino Fariñas, un dos profesionais do equipo do Periódico O Sil, o responsable de comunicación do CRDO Valdeorras, Felipe Vieira e unha representante dos medios locais.

Artigos relacionados

Back to top button