En portadaÚltima horaVídeos

O barrio barquense de San Roque honra ao seu patrón con actos relixiosos e festivos

 

O barrio barquense de San Roque vive hoxe o día grande das súas festas. Ás 12h. en punto deste mediodía de 16 de agosto comezaba a procesión. Como novidade unha imaxe portada polos máis pequenos encabezada a comitiva relixiosa, seguida pola imaxe habitual de San Roque, levada polos homes e co seu habitual acio de uvas, e a da Virxe, que era levada polas mulleres.

 

 

Tras o seu percorrido habitual (cruzando pola avenida Manuel Quiroga, seguindo pola rúa San Roque para, deseguido, pasar pola praza das Airas e regresar novamente a Manuel Quiroga e dar a volta), a procesión, que ía acompañada pola música dun grupo de gaiteiros, concluía na mesma capela, para dar paso á misa ao aire libre, oficiada polo párroco barquense, Jesús Álvarez.

 

 

Xa ás 13:30h. está prevista a sesión vermú e, pola tarde, ás 20:30h. haberá baile a cargo do Dj Dani Argu ata as 22:30h. Despois, ás 00h. comezará a verbena que novamente estará amenizada polo mesmo Dj.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button