ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima horaViana do Bolo

O belén cobra vida no Cabo da Vila de Viana do Bolo

 

Os sons, os olores e mesmo os sabores dos oficios tradicionais enchían a partir das catro da tarde deste 30 de decembro o Cabo da Vila, no casco histórico de Viana do Bolo. Cada recuncho convertíase nunha escena dun nacemento vivinte no que, ademais do tradicional portal (coa Virxe, o Neno Xesús e San Xosé), dos Reis Magos chegados de Oriente cos seus paxes ou dos pastores; tamén podían verse ferreiros, cesteiros, tecedeiras da la, panadeiras, oleiros… Non faltaban tampouco os soldados romanos, os músicos nin o mesón.

 

 

Coa colaboración de numerosos veciños, o “Barrio de Belén” cobraba vida un Nadal máis na vila vianesa. As persoas que se achegaban para percorrelo podían tamén repoñer forzas con petiscos ofrecidos pola veciñanza e mesmo cun chocolate ben quentiño con biscoitos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

O “Barrio de Belén” de Viana do Bolo, en vídeos

Artigos relacionados

Back to top button