Cun día espléndido e nunha fermosa paisaxe de montañas brancas desenvolvíase a marcha para para colocar o “Belén da cima de Galicia” no cumio de Trevinca (2.127 m). Nesta actividade, organizada polo Club de Montañismo Montañas de Trevinca (A Veiga), participaban unhas 14 persoas que saían dende Vilanova (A Veiga). Estaba dirixida por Antonio Fdez Pena (Cholo), técnico deportivo en montañismo, alpinismo e rocha; e por Juanjo Lorenzo, técnico deportivo N2 media montaña.
Malia que a ascensión discorría con bo tempo, a situación ía complicándose á medida que os montañeiros chegaban ao cumio con néboa e frío. Xa de volta, os participantes compartían unha merenda e comentaban a experiencia. O belén permanecerá no teito de Galicia ata o mes de xaneiro.
Fotos cedidas polos participantes e polo Club de Montañismo Montañas de Trevinca.