ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Belén de Viloira (O Barco) xa está aberto ao público

Poderá visitarse ata o vindeiro 30 de xaneiro na igrexa parroquial

Con diversas novidades, como un mercado, e multitude de detalles coidadamente preparados o Belén de Viloira (O Barco) xa luce no interior da igrexa parroquial. Dende hai varios anos da elaboración deste nacemento encárganse catro matrimonios veciños da vila. Cada Nadal tratan de melloralo, de incorporar novos elementos e tamén idean novos sistemas para reformar o curso do río ou a iluminación.

Este fermoso nacemento poderá visitarse ata o vindeiro 30 de xaneiro na igrexa en horario de cultos. A intención dos seus organizadores é, xa de cara ao ano que vén, cambiar a súa ubicación no templo co fin de poder ampliar a superficie do actual belén.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button