Son o froito de moitas horas de dedicación cuxo resultado é despois admirado por numerosas persoas ao longo do Nadal. Durante estes días poden verse diferentes nacementos na comarca de Valdeorras. En igrexas, en colexios, nas vivendas e tamén en comercios.
Enrique Rodríguez Sotelo “Fiscol”, veciño de Fontei (A Rúa) sempre elabora o seu Belén-Nacemento con moito esmero e o resultado é un femoso belén bíblico nun local da rúa Silveira, co que felicita as festas a través deste vídeo que xentilmente nos cedeu.