EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O Blogtrip do Botelo 2020 arranca en Éntoma

A III edición do encontro previo á festa, reúne no Barco a media ducia de xornalistas e expertos gastronómicos

 

A “boteloneta” para dar a coñecer o botelo a xornalistas e expertos gastronómicos, xa está en marcha para recorrer O Barco e diversos puntos da comarca de Valdeorras.

Este ano están xa por terras do botelo xornalistas que traballan en medios de comunicación en Madrid e tamén profesionais galegos que na mañá do 11 de xaneiro, despois da asistencia ao programa en directo “Degustar España” de RNE5 emitido dende o Teatro Lauro Olmo do Barco, partían rumbo á primeira parada: a Adega Roandi, en Éntoma.

O programa continúa co xantar no restaurante Casa Galaica, onde coñecerán e degustarán o botelo e xa pola tarde, cun paseo polo entorno de Xagoaza e visita á “Cova dos Monxes” de Adegas Godeval; e percorrido polos bares da vila barquense coa ruta de pinchos “O Barco vai de viños”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button