PolíticaÚltima hora

O BNG anuncia iniciativas no Parlamento galego para evitar o traslado COC de Iberdrola da Rúa

Así o indica a deputada nacionalista María Albert que considera "o totalmente inxustificada esta medida"

A deputada ruesa do BNG María Albert, no exterior do Parlamento de Galicia.

 

O Bloque Nacionalista Galego ten previsto presentar novas iniciativas para “frear o peche definitivo do Centro de Operacións de Cunca (COC) de Iberdrola para o seu traslado a Salamanca, algo que a compañía eléctrica ten previsto consumar no próximo mes de marzo”. Así o vén de anunciar a deputada nacionalista no Parlamento galego, María Albert.

A parlamentaria ruesa alude ao “efecto demoledor que este peche suporá para a comarca de Valdeorras no que ten a ver coa perda de postos de traballo cualificados e tamén polo valor simbólico que este centro ten nunha comarca marcada pola presenza dos encoros e as centrais hidroeléctricas desde os inicios de Saltos del Sil”.

Albert enmarca este peche nun contexto “máis amplo de desmantelamento do sector industrial en Galiza; desmantelamento ao que a Xunta de Galiza está a asistir de brazos cruzados ao carecer dunha política industrial e enerxética centrada no país”, citando neste senso os casos de “Siemens Gamesa, Alcoa, Naturgy, Endesa, Ferroatlántica…”.

Deste xeito desde o BNG reiteran o seu “rexeitamento firme e rotundo ao traslado xa que o emprego que se xera no rural ten que ficar na súa orixe, non se exporta”.

Por último, María Albert destaca que esta reestruturación está “totalmente inxustificada dos puntos de vista técnico, de eficiencia, económico e ético” e anuncia a presentación de novas iniciativas no Parlamento, así como nos concellos.

Artigos relacionados

Back to top button