
O vindeiro 1 de maio ás 12h. a praza do Concello do Barco acollerá un acto para conmemorar o 1º de Maio, Día Internacional da clase Obreira, convocado pola CIG. “Dende a Executiva Nacional do BNG acordouse apoiar, unha vez máis, as manifestacións convocadas pola Confederación Intersindical Galega (CIG)”, explican dende o Consello Comarcal da formación en Valdeorras. Ademais animan “á participación nas mobilizacións na nosa comarca”.
Dende o Consello Comarcal do BNG-Valdeorras aseguran que se trata “dunha boa oportunidade para denunciar a situación de pobreza, desemprego, explotación e emigración que se está a padecer na Galiza, e para reivindicar políticas alternativas nos ámbitos económico, social e laboral”.