PolíticaÚltima hora

O BNG do Barco pide diálogo coa veciñanza de Veigadecabo, onde se modificaba o tráfico cun sentido único

 

Dende o BNG do Barco vén de emitirse unha nota de prensa relativa ao sentido único que se vén de poñer dende o pasado luns na zona de Veigadecabo. “Desde o BNG temos constancia dunha serie de alegacións da veciñanza de Veigadecabo ao sentido único da rúa que atravesa o lugar, alegacións que presentaron no Concello” e nelas exponse que “a decisión do sentido único pode ter un efecto indesexado no incremento da velocidade” debido á “falsa seguridade que dá saber que non van encontrar vehículos en sentido contrario”.

Así mesmo o BNG explica que a veciñanza cre que a “sinuosidade da vía debía ser advertida por un sinal á entrada da vía, desde hai anos”. E, de ser definitivo o cambio, “a veciñanza solicita que se faga unha “salvidade cos residentes e que se advirta no sinal”.

Os nacionalistas barquenses lamentan que “non se consultara cos veciños de Veigadecabo a decisión do sentido único” e piden ter unha “interlocución” co Concello. Por iso, desde o BNG do Barco pídese ao Concello do Barco que “dialogue coa veciñanza de Veigadecabo sobre o cambio de sentido da rúa que atravesa o lugar”.

Artigos relacionados

Back to top button