PolíticaÚltima hora

O BNG organiza unha charla sobre a sanidade pública en Valdeorras

No acto intervirá Suso Vilasánchez, enfermeiro e membro da Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Valdeorras, e Montse Prado, deputada do BNG non Parlamento Galego
Cartaz da charla que promove o BNG de Valdeorras.
Cartaz da charla que promove o BNG de Valdeorras.

O salón de actos do Multiusos do Barco acollerá o vindeiro 15 de abril, ás oito da tarde, unha charla sobre “A Sanidade Pública en Valdeorras”. Nela contarase coa presenza de Suso Vilasánchez, enfermeiro e membro da Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Valdeorras, e de Montse Prado, deputada do BNG non Parlamento Galego.

“A situación da Sanidade Pública en Galicia e na nosa comarca dista moito de ser a que dende o Goberno galego se nos quere facer ver. No acto, analizaremos o verdadeiro estado das listas de espera, os recortes que tanto prexuízo causaron e causan na atención aos usuarios e como a sanidade pública é utilizada polo Goberno da Xunta como propaganda política, en vez dun eficiente servizo público”, segundo se adianta dende o BNG de Valdeorras, organizador do acto.

Dende esta formación política tamén se convida a “toda a xente da comarca á charla-coloquio porque a Sandidade Pública é un servizo básico e, como tal, debe de preocuparnos”.

Artigos relacionados

Back to top button