ConcellosO BarcoÚltima hora

O BNG presenta unha moción no pleno do Barco para pedir unha base medicalizada do 061 en Valdeorras

Jesús Vilasánchez, un dos tres edís do BNG no Concello do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Entre os puntos da orde do día do vindeiro pleno ordinario do Barco, previsto para o 5 de outubro, figura unha moción presentada polos tres concelleiros do grupo municipal do BNG (Jesús Vilasánchez Feijoó, Manuel Agra Villar e Noa Fernández Gómez” na que se pide “acadar unha base medicalizada do 061 para o Distrito Sanitario de Valdeorras.

“Explicar de forma pormenorizada ao Pleno do Concello a situación das vías de comunicación e os recursos sanitarios do noso concello e distrito é algo innecesario por ser de sobra coñecido. O que non é tan coñecido e que vai pouco firmouse o convenio que afecta aos profesionais do transporte sanitario e que agora estanse a definir as características do novo concurso de transporte urxente, e dicir, cantas ambulancias vai a haber, de que tipo serán, e onde se localizarán, o que ven a ser: como se vai a dimensionar a “Rede de transporte sanitario urxente de Galicia (RTSUG-061)”. Esta, sen dúbida, pode considerarse unha moción urxente: o tempo aprema e non podemos chegar tarde coas nosas xustificadas reivindicacións”, indican os edís na exposición de motivos da moción.

Ademais resaltan que “nunha emerxencia precísase dar unha atención axeitada no tempo correcto, tendo sempre en conta que se o tempo de supervivencia é menor ao tempo de resposta, o paciente morrerá antes de recibir a axuda axeitada” e tamén detallan como está formada arestora a rede de transporte sanitario urxente de Galicia (RTSUG-061) e os seus medios e, deseguido, expoñen as condicións xeográficas, de dispersión de poboación e socioeconómicas da comarca de Valdeorras, así como os datos de sinistralidade laboral, apoiándose neles para incidir na necesidade dunha base medicalizada do 061

E neste senso someterán a votación do pleno o seguinte acordo: “o Concello do Barco instará á Consellería de Sanidade da Xunta de Galiza que no novo concurso de transporte sanitario terrestre se contemple unha base con ambulancia de soporte vital avanzado medicalizada dentro da rede de transporte sanitario urxente de Galicia (RTSUG-061). Solicitando un posicionamento previo á publicación do citado concurso por parte da Consellería de Sanidade”.

Artigos relacionados

Back to top button