PolíticaÚltima hora

O BNG propón nunha moción medidas municipais para facilitar o acceso dos barquenses á tecnoloxía

Dous dos tres concelleiros do BNG na Corporación barquense, durante unha sesión plenaria no Barco./ Foto: O SIL.

 

O grupo municipal do BNG no Concello do Barco vén de presentar unha moción ao vindeiro pleno de setembro para pedir que se implanten unha serie de melloras tecnolóxicas que fagan máis accesibles aos cidadáns determinadas áreas do Concello como Cultura e Deportes. Tamén se pide un maior acceso para usar a sala CeMit.

“Os organismo públicos teñen a obriga de facilitar o acceso dos cidadáns á tecnoloxía. Por exemplo, non todas as persoas dispoñen de PC na casa, sendo moitas actividades complexas de realizar nun dispositivo móbil; como por exemplo a declaración da renda ou o pago dunha multa de tráfico. Polo tanto, debemos facilitar o acceso aos cidadáns a salas con ordenadores persoais”, di a moción nacionalista, lembrando ademais que o Concello do Barco conta cunha sala CeMit no segundo andar do edificio multiusos. “A instalación está feita pola Xunta de Galicia e dispón de preto de 20 PCs co sistema operativo Linux. O problema é que moitas veces esta sala permanece pechada por
diversos motivos, vacacións do persoal, etc.”.

Na moción tamén se propón “un acceso automatizado á sala de 9 AM a 3 PM para servizo da cidadanía. Así mesmo, pode servir de espazo co-working para persoas que veñen de vacacións ou as mesmas veciñas da vila”, e mesmo detallan na moción como sería o procedemento a seguir:

“1. O interesado/a manda un correo a soporte@concellodobarco.org
con copia dalgunha forma de identificación (carné de conducir, dni, etc..).
2. O concello proporciona un código QR.
Cisco Confidential
3. Este código úsase para acceder á sala.
Na porta da sala sería necesario un dispositivo automático de acceso. Estes dispositivos teñen un valor de entre 60 e 120 EUR
https://es.aliexpress.com/item/1005005118573560.html
No caso de que houbera algunha incidencia, temos un control de acceso coa hora e os datos das persoas que accederon á sala. Isto sería improbable tendo en conta que a Policía ten unha oficina na mesma planta e a zona está totalmente monitorizada”.

Esa mesma tecnoloxía e procedemento, continúa o grupo municipal do BNG na moción, “pódese usar para acceder á pista de pádel e de tenis de Calabagueiros. Neste caso tamén se debería proporcionar unha app móbil para poder reservar a pista por data/hora, similar á que xa ten o Clube de Padel Valdeorras. Como todo proceso, debe ser monitorizado de canto en canto para evitar abusos á hora de facer reservas, isto pódese facer de forma manual ou de forma automática. Para facelo de forma automática a app debe limitar as horas de reservas por usuario nunha semana, por exemplo, 10 horas á semana sería un límite razoable”.

Webs específicas para Deportes e Cultura

Por outra banda, a iniciativa do BNG tamén plantexa o interese de crear webs específicas para as áreas de deportes e cultura, “dentro do dominio concellodobarco.gal”. E, indica que, no futuro, “cando se dixitalicen as escolas deportivas, xa se podería usar esta sub-páxina para ter todo integrado na mesma páxina web. Do mesmo modo, a páxina de cultura pode servir tanto para anunciar as funcións teatrais, actividades culturais, así como os ciclos de cine ou novidades semanais”.

Neste senso, a moción plantexa o seguinte acordo á Corporación barquense:

“1. Acceso automatizado á sala CeMit do segundo piso do edificio multiusos (de 9 AM a 3 PM).
Cisco Confidential
2. Para acceder ás pistas deportivas, proporcionar unha app móbil para poder reservar a pista por data/hora.
3. Crear unha web específica para Deportes e outra para Cultura, dentro do dominio concellodobarco.gal”.

Artigos relacionados

Back to top button