
¿Como xurde unha máscara na tradición? É unha das preguntas as que intenta darse resposta na exposición “Masques d’Europe Savoir-faire & imaginaires”, que se desenvolverá entre o 19 de xuño e o 21 de novembro en Vitré (Francia), na Maison des Cultures du Monde – Centro Francés del Patrimonio Cultural Inmaterial, na que estará presente o Boteiro de Viana do Bolo.
“Cada ano, en toda Europa, as cidades e pobos dan un xiro á súa vida cotiá, o momento da mascarada. Personaxes icónicos, cuxa aparencia todos coñecen ben, sempre impactantes, pasan de casa en casa para interactuar cos habitantes, e na praza pública en busca de formas de apupos ou representacións cómicas. Xa sexa que dure semanas ou un día, a festa segue etapas ritualísticas, ata o seu final, a miúdo unha pira”, conta a escenógrafa Candice Moise, comisaria da exposición e que dende 2014, ten estado documentando as mascaradas do continente e coñecendo aos fabricantes de máscaras e disfraces.
Nese proceso, en xaneiro de 2018 pasaba pola provincia de Ourense e coñecía máscaras como as do Boteiro de Viana do Bolo, figura de referencia no Entrudio deste municipio, que formará parte desta mostra internacional.

A máscara e o traxe completo de Boteiro, cedido pola Asociación de Fulións Rurais de Viana do Bolo, sairá mañá destino a terras galas para expoñerse nesta mostra, que estará aberta ata o outono. Esta máscara foi restaurada por Jorge Domínguez.
“Neste proxecto colabora a Asociacion Fulións Rurais e Robreda. O Concello de Viana tamén nos prestou o seu apoio e axuda nos custes da restauracion da mascara e o baúl para o transporte”, sinala Jorge Domínguez, presidente da Asociación de Fulións Rurais.